martes, 7 de mayo de 2013

Aberto o prazo para apuntarse no VI trofeo de Orientación “Camiño de Inverno, Terras de Valdeorras”

O club Peña Trevinca Barco e o Concello de O Barco de Valdeorras organizan o VI Trofeo de Orientación "Camiño do Inverno, Terras de Valdeorras" o próximo 18 de maio. Haberá dúas carreiras, unha pola mañá puntuable para a liga galega, de distancia media. A saída será a partir das 10:30 horas na localidade barquense de Xagoaza.  Despois , ao redor das  17 horas farase unha carreira do tipo sprint (lúdica, non puntuable para a liga), con saída dende a  Praza Andrés de Prada de O Barco (Carreira Sprint Festas de Santa Rita 2013), utilizando o  mapa da zona de  “O Salgueiral” realizado en marzo de 2012 por Javier Arufe e Natalia Pedre, e actualizado en abril de 2013.

Para a carreira sprint xeraron outro evento e hai que apuntarse nel para participar. É imprescindible estar inscrito na carreira de distancia media para poder participar nesta. A inscripción estará aberta ata o martes 14 ás 22 horas.

Mais información en www.agaco.es e http://ori-trevinca.blogspot.com.es/

Esperan a vosa participación e no  apartado  “Silnovas informa” deste blog  están todos os detalles para inscribirse.

No hay comentarios:

Publicar un comentario