martes, 11 de marzo de 2014

O Dia do Cocido terá o seu acto reivindicativo no Barco no Restaurante Piquiño



Este sábado, día 15 de marzo, celebrase en máis de 20 restaurantes de Galicia, Madrid, Barcelona e Astorga unha reclamación particular : conseguir que se adique un "Dia de..." a unha das principais comidas galegas, O COCIDO. Nas súas múltiples variantes será degustado en restaurantes variados nos que se montará unha mesa do cocido na que o "cocido leader" invitará a oito personas relacionadas coas redes sociais e blogs para que degusten este prato e a cambio falen del e do lugar no que están. Nas redes está creado o hashtag: #Cocido Day , palabras e simboliño, que debe acompañar a todas as fotografías e comentarios relacionados co cocido que os invitados e interesados queiran facer nese día ou antes. Ademais hai aberta unha web con toda a información e lugares nos que se comerá cocido: wwww.diainternacionaldelcocido.com


Restaurante Piquiño no Barco e Mesa do Cocido

Na provincia de Ourense só se ía celebrar este evento reivindicativo na capital e dende "Valdeorras é viño" empeñámonos en que Valdeorras tivera presenza. Teño que agradecer a receptividade á idea que tivo Marcos do restaurante Piquiño no que degustaremos o cocido valdeorrés. El ademais animouse a ofrecer un menú de cocido para ese día, e así todos aqueles clientes que queiran, poderán acompañar á mesa do cocido. As reservas están abertas
Como un bo cocido hai que degustalo cun bo viño, en Valdeorras imos degustalo con 3 dos grandes viños da comarca: Godeval, Memoria de Ventura mencía e Alán de Val mencía barrica.
Na Mesa do Cocido estarán 3 blogueiros do mundo culinario, vinícola e de viaxes, ademáis dos tres adegueiros e tamén dous medios de comunicación da comarca.

Visita ás tres adegas e cocido

Antes de comer o cocido faremos un percorrido polas tres adegas que colaboran co Día do Cocido. Estaremos en Petín na Adega da Pinguela, na Rúa en Alán de Val e no Barco en Godeval.



No hay comentarios:

Publicar un comentario