jueves, 27 de julio de 2017

Actividades das VI Xornadas de Portas Abertas 2017

Hai dous meses por estas datas empezábamos unha serie de actividades dentro das VI Xornadas de Portas Abertas: Cata degustación, visitas gratuitas a adegas, transporte gratuito, III Festa de Portas Abertas no Barco...

Aquí deixamos algunhas fotos destas actividades na comarca de Valdeorras:









































lunes, 15 de mayo de 2017

Sete adegas e catro establecementos hostaleiros na VI Xornadas de Portas Abertas de Valdeorras



   Participantes nas VI  Xornadas de Portas Abertas Valdeorras

 -Adegas: Joaquín Rebolledo, A Coroa, Alan de Val, Godeval, Roandi, O Cepado e O Casal


-Establecementos hostaleiros: Mesón Museo, Pazo do Castro, Casa Rural Pacio do Sil, Hostal Restaurante O Pillabán


A VI edición das Xornadas de Portas Abertas das Rutas do Viño de Galicia, que organiza a Axencia de Turismo de Galicia celebrase na comarca de Valdeorras os días 26, 27 e 28 de maio. 7 adegas, tres aloxamentos e dous restaurantes  pertencentes á Ruta do Viño valdeorresa participan nestas xornadas nas que a base son as visitas gratuítas ás adegas, prezos especiais nos aloxamentos e menús preparados para esta actividade. A todo isto engadíuselle o transporte de balde para poder visitar as adegas durante toda a fin de semana, mantendo nesta edición dous autobuses que sairán de Lugo e Ponferrada na mañá do domingo. Este ano haberá 12 rutas repartidas entre o sábado pola mañá e tarde e o domingo á mañá. No programa tamén se inclúe a IV edición da Festa das Portas Abertas o sábado á noite no Paseo do Malecón do Barco. Onde seis adegas e dous restaurantes ofrecerán viños e pinchos a un prezo especial.

Novidades para o venres 26 e outras

Entre as novidades está que as actividades empezarán o 26 de maio, co “Venres de Pincha e Cata” onde se poderán degustar  viños das sete adegas participantes en dous restaurantes da ruta. Ademais este ano en dúas rutas farase visita a lugares de relevancia histórico-turística no Barco e na Rúa. A vila do Castro visitarase o sábado en dúas ocasións e o domingo os visitantes de Ponferrada coñecerán A Rúa Vella: o seu pasado romano e o Camiño de Inverno.

Para facer as reservas

As reservas para transporte e visitas gratuítas ás adegas están abertas enviando un correo electrónico a : rutadelvinodevaldeorras@gmail.com ou chamando ao 619086326. O mesmo sistema pode utilizarse para reservar no Venres de Pincha e Cata e tamén para os menús especiais e aloxamentos.
Os visitantes tamén  terán a oportunidade de coñecer as adegas desprazándose pola súa conta a calquera delas dentro dos horarios marcados ás 11:30 horas, 13 horas e 17 horas. E o domingo abrirán para visitas por libre ás 12 horas.

O programa completo poden atopalo no blog: somosvaldeorras.blogspot.com






       .